Desde as Escolas Balonmán Xiria tratarán de ofrecer unha alternativa de calidade para favorecer a conciliación familiar nas vacacións estivais.
As Escolas de Verán Xiria terán lugar nas instalacións do CEIP Fogar do 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas para os nenos e nenas nados entre 2009 e 2016 (ambos incluídos). Este ano, como novidade, ofrécese a posibilidade de entrada ás 8:45 horas para as familias que o precisen.
Neste ano especialmente particular dada a nova normalidade provocada polo COVID-19, as medidas de seguridade e hixiene estarán presentes en todo momento facendo que os nenos e nenas desfruten dun verán activo, saudable e seguro.
As inscricións rematan o venres 26 de xuño e fanse á traves da páxina web de Escolas Balonmán Xiria.
39