Escolas BM Xiria aporta 12 xogadores ás diferentes seleccións galegas de base

dpm.

As Escolas Balonmán Xiria saen tremendamente reforzadas da primeira convocatoria das diferentes seleccións galegas de base de balonmán, coa mente posta no CESA 2020 de Cantabria do mes de Xaneiro. As diferentes seleccións concentraranse o vindeiro domingo día 10 de novembro.

O Laber Xiria Xuvenil Masculino aporta 5 xogadores: Alex Gómez, Mario Cancela, Dani Mallo, Aarón Rodríguez e Julio Ferreiro. Adestrarán no Polideportivo da Seca de Poio.

O Grupo Lemaco Xiria cadete masculino aporta a Martín Fuentes e a Esteban Puñal.

Polo Punta del Este Xiria infantil feminino están convocadas Duna Barca e Leticia Santos, no Pavillón O Rosal de Moaña.

O infantil masculino Garaysa Xiria cede para esta convocatoria a Xurxo Fraga, Érik Vázquez e Pablo Veiga. Concentrarase no Polideportivo Manuel Coto de A Estrada.

Estes rapaces e rapazas únense á xa coñecida incorporación do adestrador Fernando Vázquez como seleccionador xuvenil masculino.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha