A Xunta promove unha escola de río en Coristanco

PIXABAY

  • O obxectivo da actividade, que se celebrará este sábado, é promover pescadores respectuosos co medio

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, organiza unha escola de río en Coristanco en colaboración co propio Concello e a Federación Galega de Pesca para dar continuidade á presenza de pescadores respectuosos co medio nos cursos fluviais. Esta iniciativa desenvolverase durante a mañá deste sábado, 9 de outubro, e consistirá nunha clase teórica práctica de lanzado na área recreativa da Rocheira; mentres que pola tarde os participantes poderán poñer en práctica o aprendido nos muíños de Verdes.

A actividade estará dirixida por David Arcay, Campión do Mundo individual e tres veces Campeón do Mundo por equipos, entre outros premios. Poderán participar nenos de entre 8 e 15 anos que deberán inscribirse previamente na biblioteca municipal ou a través do 651 664 908.