36
As Escolas Luís Calvo Sanz, xunto co Real Club Deportivo e a SRD Unión Club Cee, presentaron a Escola RC Deportivo Escolas Luís Calvo-Cee. Trátase dunha nova escola de tecnificación que nace grazas á unión das tres entidades deportivas e que se desenvolverá na localidade da Costa da Morte, Cee. Con este novo proxecto as Escolas Luís Calvo fortalece os vínculos e os convenios de colaboración co RC Deportivo e a SRD UC Cee, recentemente renovados. A presentación da escola de tecnificación tivo lugar este martes 9 de marzo ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Cee, acto no que tamén estivo presente a alcaldesa socialista Margarita Lamela.