Escolas Luís Calvo Sanz presenta o Campus de Tecnificación Feminino e o Depor Campus

Acto de presentación.

As Escolas Luís Calvo Sanz presenta a terceira edición do seu Campus de Tecnificación Feminino que terá lugar entre o 29 de marzo e o 1 de abril no Campo Municipal de As Eiroas.

Ademais, este ano acollerase o Depor Campus que tamén se desenvolverá entre os días 29 e 31 de marzo. Unha actividade enmarcada no convenio de colaboración entre as dúas entidades deportivas, as Escolas Luís Calvo Sanz e o Real Club Deportivo.

Tanto para o Campus de Tecnificación Feminino como para o Depor Campus, os prazos de inscrición están abertos e as prazas serán limitadas, seguindo así os protocolos Covid e as restricións marcadas polas autoridades sanitarias.

Campus de Tecnificación Feminino

A actividade levarase a cabo en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas, contará con adestradores titulados e ademais as participantes poderán contar coa visita de varias deportistas de alto nivel, así como a entrega de premios farana futbolistas e adestradoras referentes. A actividade, dirixida pola adestradora e preparadora física Isabel Vázquez, dispoñerá ademais de preparadores de porteiras para realizar así un traballo personalizado centrado na mellora individual das xogadoras.

Depor Campus

Un campus mixto de xogadores e porteiros dirixido a nenos e nenas de seis a catorce anos. Os xogadores pertencentes a clubs conveniados poderán ademais gozar dun desconto, para iso terán que achegar na inscrición unha foto tamaño carné ou o DNI do neno/a.