33
Os ocos habilitados polo Sergas para que os mozos de 16 a 21 anos se citaran na web do Sergas e na App móbil para vacinarse contra o coronavirus esgotáronse a primeira hora da tarde deste sábado. A elevada demanda obrigou a poñer en marcha un plan de continxencia para aliviar o tráfico da rede, despois do colapso da primeira hora da mañá. Tras unha hora máis lenta no proceso á 9, a partir das 10 da mañá xa se estaban citando arredor dunhas 300 persoas cada 10 minutos, ata chegar ás 2.000 cada dez minutos, ao longo do día.