Esgotados en tres días os bonos da campaña para activar o comercio

1 minutes read

O Bono Activa Comercio da Xunta esgotouse en tan só tres días, con máis de 166.000 descargas de cidadáns que contan xa co seu desconto de 30 euros para empregar no comercio de proximidade. Así o sinalou o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que visitou hoxe na Coruña diferentes establecementos participantes nesta iniciativa, á que a Xunta destina 5 millóns de euros co obxectivo de mobilizar 17 millóns de euros en vendas.

Os beneficiarios teñen agora ata o 31 de decembro para empregar os descontos nos establecementos adheridos, que son xa preto de 5.200 e que poden seguir sumándose ata o próximo 30 de novembro. A Coruña é a provincia con máis tendas inscritas ata a data, cun total de 1964 negocios.