O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, esixen a Naturgy que se comprometa con Galicia e deixe de explotar os recursos galegos sen ningún tipo de implicación social. Na súa visita aos traballadores do centro de control da empresa na avenida de Arteixo da Coruña, ambos dirixentes amosaron o seu apoio ás persoas traballadoras ante a decisión da empresa de trasladar o centro a Madrid. Ambos dirixentes aclararon que trataron de conversar con Naturgy, intentando facer unha visita institucional ao centro «e foinos denegada baixo unha escusa moi medida como é o cumprimento da normativa covid», transmitiu o presidente provincial, que sinalou que a estratexia da empresa é agochar un problema que estaba adormecido porque «quen ten as competencias decidiu adormecelo. Con total respecto as regras de xogo, pero ninguén nos vai calar intentado reclamar para Galicia o que merece unha terra que leva dado tanto na xeración enerxética para o Estado», recalcou.
17