Este venres transcendeu que Eslovaquia enviará a Ucraína 13 avións de combate MIG 29 para axudarlle a «defenderse de Rusia», uníndose así a Polonia no envío deste tipo de armamento.
«Eslovaquia acaba de aprobar o envío de 13 MIG 29 a Ucraína. Hai que manter as promesas», anunciou o primeiro ministro eslovaco, o conservador Eduard Heger, na rede social Twitter.
Nesa mensaxe, o xefe do Goberno lembrou que cando o presidente ucraíno Volodímir Zelenski, lle pediu máis axuda militar, el aseguroulle que faría todo o posible.
«A axuda militar é clave para que Ucraína poida defenderse e defender a toda Europa contra Rusia», indicou Heger na súa mensaxe nesa rede social.
Zelenski solicitou a principios de xaneiro a Eslovaquia que lle entregase os seus caza MIG-29 de fabricación rusa. Xa naquel momento, Heger mostrouse disposto a dar resposta positiva á solicitude de Ucraína.