Esnaquizan a parede dunha casa e unha marquesiña tras unha saída de vía en Carballo

1 minutes read

O suceso tivo lugar pasados uns minutos das dez da noite deste venres, cando un turismo da marca Audi se saíu da vía pola marxe dereita ao seu sentido da marcha. O accidente en concreto produciuse na estrada DP-1914 que une Carballo e Portomouro, á altura do quilómetro 1,5 no lugar de Ponte Rosende, próximo á capital de Bergantiños. Tanto o vehículo como a marquesiña sufriron danos de consideración, e mesmo resultou perforada a parede da vivenda pegada á marquesiña. Ao lugar acudiu en primeira instancia a Policia Local e logo máis tarde unha patrulla da Garda Civil de Tráfico para instruír as correspondentes dilixencias en aras de aclarar o ocorrido.

Marquesiña antes do accidente.