España abrirá as fronteiras con Francia e Portugal o 22 de xuño

Así o anunciou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, nun almorzo con corresponsais estranxeiros, segundo informa a axencia Reuters. Segundo Maroto, o seu departamento traballa para retomar o turismo nalgúns territorios na segunda quincena de xuño. Neste sentido, en colaboración cos ministerios de Transportes e Exteriores, ultímase un proxecto piloto para traer 6.000 turistas alemáns ás Baleares. Esa experiencia permitirá aplicar os protocolos de seguridade tanto en destino como de mobilidade e proporcionará información sobre a eficacia deses protocolos para cando se abran completamenteas fronteiras ao resto de países, o vindeiro 1 de xullo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha