España afrontará esta semana ‘temperaturas excepcionalmente altas’ de máis de 35°

1 minutes read

O ascenso do mercurio débese á entrada dunha masa de aire africano moi seco sobre a Península e Baleares, segundo informou a Axencia Estatal de Metereoloxía (Aemet). Ademais advirte de que, durante os próximos días, as temperaturas “serán excepcionalmente altas” para a época do ano. No Cantábrico e Galicia, aínda que as temperaturas serán “anormalmente altas superando os 25 graos” non se espera que alcancen os 30 graos. Alcanzarán valores propios do verán en gran parte da metade este e sur peninsular. Notarase, especialmente, o martes en Valencia e Murcia e o mércores en Huelva e Cádiz, onde se pode chegar aos 35.º. Tamén experimentará temperaturas altas Sevilla, que xa colocou toldos nas súas rúas en plena celebración da Feira de Abril. No val do Guadalquivir prevense ata 40 graos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?