O Goberno español asegurou este venres que se inicia unha «nova etapa» da relación con Marrocos baseada no «respecto mutuo, o cumprimento dos acordos, a ausencia de accións unilaterais e a transparencia e comunicación permanente». Por medio dun comunicado, o Executivo de Madrid reaccionou así ao comunicado de Rabat dando a coñecer a intención de España de apostar pola proposta de autonomía presentada por Marrocos para o Sahara Occidental como «a base máis seria, crible e realista para a resolución desta disputa».