España aproba a subida do salario mínimo a 950 euros

Representantes do Goberno, dos Sindicatos e da Patronal_Fonte: @Yolanda_Diaz_

O Consello de Ministros deu luz verde ao acordo que se pechou hai apenas dúas semanas nunha reunión da ministra de Traballo coa patronal e os sindicatos. Uns 2 millóns de traballadores en España veranse beneficiados pola subida, do 5,5%, que foi presentada polo Executivo como un primeiro éxito do Goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos. O incremento sitúa a retribución nos 950 euros ao mes en 14 pagas, case 400 euros máis que en 2007. En 2019 o Executivo socialista de Pedro Sánchez xa fixo a maior subida do salario mínimo dos últimos tempos, dun 22,3%, ata os 900 euros. O desexo do Goberno é situar o salario mínimo no 60% do salario medio ao final da lexislatura, o que equivalería a uns 1.200 euros. Con todo, optaron por unha subida progresiva para que sexa asumible para as pequenas e medianas empresas. A subida terá efecto retroactivo ao 1 de xaneiro.