Vitoria histórica das futbolistas españolas. España asinou o primeiro convenio colectivo feminino de todas as ligas de fútbol de Europa. O Congreso acolleu a firma do acordo, que permitirá a profesionalización das xogadoras, despois de décadas maltratadas por unha Lei do deporte obsoleta e que non as recoñece como profesionais. Para a secretaria de Estado do Deporte, Irene Lozano, esta é unha vitoria de todas as mulleres: «Creo que isto é moi importante para todas as mulleres españolas xa que sabemos que cando un colectivo de mulleres avanza, neste caso, as deportistas, todas avanzamos».