España asinará con Francia o seu primeiro convenio de dobre nacionalidade en Europa


España asinará con Francia o primeiro convenio de dobre nacionalidade ao que chega cun país europeo, que será rubricado durante o cume bilateral que ambos os países celebrarán na segunda metade deste ano, anunciaron este xoves os seus ministros de Exteriores. Os dous ministros constataron unha visión compartida en diversos temas de actualidade internacional, como a necesidade de aprobar no Consello Europeo da próxima semana o plan de rescate proposto pola Comisión fronte á crise da COVID-19. Os dous responsables diplomáticos compartiron puntos de vista sobre a condena ás inxerencias exteriores en Libia, sobre o seu rexeitamento á unilateralidad das decisións de Israel nos territorios palestinos ou sobre América Latina.