España controlará aos viaxeiros procedentes de China

1 minutes read

España retoma as medidas fronte á covid con cidadáns procedentes de China. O Goberno anunciou nunha rolda de prensa de carácter urxente que pedirá un certificado de vacinación completa ou un test negativo a todos os viaxeiros que cheguen desde o xigante asiático aos aeroportos de Madrid e Barcelona, onde aterran voos directos.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, atribúeo a unha situación singular do país oriental, que sempre mantén unha opacidade informativa, e á posibilidade de que haxa novas variantes.

Aínda se descoñece cando entrará en vigor a medida, pero será necesaria a coordinación con AENA, o xestor aeroportuario. O anuncio prodúcese un día despois da reunión do Comité de Seguridade Sanitaria da Unión Europea, no que se discutiu sobre unha posición común para afrontar a situación. Países comunitarios, como Italia, e outros, como Estados Unidos, Taiwan ou Xapón tomaron decisións similares ás de Madrid.