España conxélase | Chegou a ter -34,1º no Pirineo catalán

Toda a Península está afectada estes días por un frío intenso. E este xoves, a entrada da borrasca Filomena, complicará aínda máis as cousas. Polo menos ata o domingo teremos grandes nevaradas e temperaturas baixo cero en todo o país, mesmo á beira da costa. Nas últimas horas a Cordilleira Cantábrica, os sistemas Central e Ibérico e o Pireneo tiveron menos de 10 graos baixo cero. E en ducias de estradas da metade norte do país hai problemas para circular pola neve. Unha estación do Pirineo catalán rexistra o récord histórico de frío en España: -34,1º. O peor, polo de agora, está en Asturias, Cantabria e as provincias de Burgos e León. Na parte asturiana do porto de San Isidro retomouse a busca do operario da máquina quitaneves sepultada por un alude o venres pasado. Un helicóptero dos bombeiros axuda nos labores. E en Andalucía, nas Serras de Cazorla e Segura, agardan acumulacións de ata 20 centímetros de neve a partir dos 800 metros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha