España cumpriu o seu compromiso de doar 30 millóns de vacinas contra a Covid-19 en 2021

1 minutes read

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participou no acto ‘Vacinación solidaria: cumprindo compromisos’ acompañado polo ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares; e a ministra de Sanidade, Carolina Darias. Durante o evento, Sánchez anunciou que España cumpriu o compromiso de doar 30 millóns de doses de vacinas contra a COVID-19 e de compartir coñecemento liberando unha patente do test de detección do virus desenvolvido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIF).

O presidente do Goberno destacou: «Estamos en condicións de demostrar que se pode liderar a vacinación nacional e encabezar a vacinación global ao mesmo tempo, e podemos sentirnos orgullosos e orgullosas diso. Porque cumprimos 3 grandes obxectivos en tempo récord».

O Goberno de España conseguiu doar a COVAX de máis de 30 millóns de doses de vacinas contra a COVID-19 antes de acabar o 2021, das que máis de 7,5 millóns chegaron a Latinoamérica, e compartir coñecemento para lograr o avance da ciencia e da sociedade. Por iso, España liberou a patente do test serológico do CSIC para a detección do virus. España que xa empezou a administrar a terceira dose a maiores de 60 anos e aos traballadores sanitarios e sociosanitarios, conta co 89% da poboación maior de 12 anos coa pauta completa.