España descarta de momento volver ao estado de alarma

O Ministerio de Sanidade español informou dun falecido e 108 novos positivos confirmados de COVID-19 nas últimas 24 horas. O total de mortos na pandemia elévase a 28.325. Uns datos que chegan pouco despois de que o Goberno dixese que non vai decretar o estado de alarma a curto ou medio prazo, a pesar dos rebrotes do coronavirus. Así o afirmou a ministra portavoz na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. María Jesús Montero insistiu en que en «España terminou o estado de alarma, pero non a alerta contra o virus» e que a pesar da «fortaleza do sistema sanitario» non se pode baixar a garda. Sobre os novos focos dixo que están a ser atallados de maneira rápida polas Comunidades Autónomas. Poucos días despois do fin do estado de alarma hai rebrotes da pandemia en Huesca, Zaragoza, Lleida, Navarra, Vitoria, Biscaia, A Coruña, Valladolid, Córdoba, Cáceres e Forteventura. O Goberno de Aragón decidiu, este luns, retroceder á fase 2 a tres comarcas oscenses, e fixo o mesmo cunha comarca de Zaragoza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha