34
A selección española de fútbol conseguiu o pase aos cuartos de final dunha Eurocopa tras lograr unha sufrida e meritoria vitoria fronte a Croacia: 3-5 e cunha prórroga por medio para dobregar a toda unha finalista dun Mundial. O Parken Stadion de Copenhague (Dinamarca) foi testemuña dun dos partidos máis emocionantes do que levamos de torneo e con España de protagonista. Deste xeito, o conxunto que dirixe Luís Enrique pon rumbo a San Petersburgo (Rusia), onde xogará contra Suiza, para loitar por un posto en semifinais. A Vermella xa mete medo con dez goles en dous partidos. Once en total, sumando o anotado contra Polonia.