España e Alemaña retoman os cumes bilaterais na Coruña

Cedida.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e o chanceler alemán, OlafScholz, presiden o cume hispano-alemán número 25 na Coruña. O tema principal desta cita é a enerxía. Ambos os líderes poñen sobre a mesa a creación do MidCat, unha interconexión gasística que uniría España con Francia, que se opón a este proxecto.

O debate sobre as regras fiscais europeas tamén está presente, xa que Alemaña considera que o pacto de estabilidade da Unión Europea deu o marco necesario para os fondos de recuperación, mentres que o Goberno español insiste en que é necesario reformar as estritas normas deste que ameazan con penalizar a este país.

Alemaña sitúa estes cumes no nivel máis alto das relacións diplomáticas que pode celebrar con outros países. Por iso, 15 ministros en total acompañaron a reunión. Con Pedro Sánchez asisten ao cume as tres vicepresidentas do Goberno xunto cos titulares de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; Defensa; Industria, Comercio e Turismo; Agricultura, Pesca e Alimentación e Universidades.

Scholz viaxa acompañado polo vicecanciller e ministro de Economía, o ministro de Finanzas, a ministra de Exteriores, a ministra de Defensa, o ministro de Traballo, a ministra de Investigación e Ciencia e o ministro de Agricultura.