España e Italia frean o avance do Covid-19


España retarda o avance do coronavirus e traballa na detección precoz. Un millón de test serán distribuídos para detectar o Covid-19 entre casos positivos asintomáticos. A intención do Goberno español, é illalos para conter unha nova propagación da enfermidade. A cifra de 674 falecidos nas últimas 24 horas é a máis baixa en 10 días, polo que se albisca unha retardación da pandemia. «Fai só tres semanas tiñamos un aumento diario de contaxios do 22%, o pasado luns era do 12% e o dato de hoxe é dun aumento de contaxios do 5% que confirma como digo, esta de retardación da epidemia,» explica Salvador Illa, Ministro de Sanidade de España. O coronavirus deixa en España case 12.500 falecidos. Coñecida como ‘A Neveira’, a pista de xeo de Majadahonda é a terceira morgue de urxencia de Madrid.

Italia rexistrou este domingo 525 mortes en 24 horas. É a menor cifra de falecidos en tres semanas. 500 enfermeiros e enfermeiras foron contratados para paliar a crise do coronavirus na rexión de Bolonia, a máis afectada pola pandemia. Alí, segundo o ministro de Sanidade italiano, Roberto Speranza, terán que convivir co coronavirus ata que haxa unha vacina.