A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e a ministra de Economía e Finanzas marroquí, Nadia Fettah, asinaron un protocolo financeiro que duplicará a capacidade de executar novos proxectos en Marrocos a cargo de empresas españolas, cun importe global de 800 millóns de euros. O texto prioriza especificamente unha serie de sectores: enerxía, auga, transporte e loxística, industria agroalimentaria e innovación.
O cume serviu tamén para que Maroto firme coa súa homóloga de Turismo Fatim-Zahra Ammor, un memorándum de entendemento sobre Turismo co obxectivo de ampliar as relacións de cooperación turística actualmente existentes. Ambos os países comprométense ao intercambio de experiencias e coñecementos en materia de márketing, de promoción e de utilización das novas tecnoloxías da información no turismo. España é o segundo emisor para Marrocos e ambos os países están interesados en seguir impulsando o incremento dos fluxos turísticos mutuos e das conexións aéreas directas.