España e Marrocos reuniranse este martes


A reunión será en Madrid para completar o proceso de reapertura da fronteira entre ambos os países e establecer así as “modalidades e o calendario de finalización do proceso de normalización de persoas e mercadorías” polos dous postos terrestres de Ceuta e Melilla iniciado o 17 de maio deste ano. Así o confirmou nun comunicado o Ministerio do Interior que explicou que a reunión terá lugar no marco da aplicación dos compromisos da declaración conxunta do 7 de abril. Marrocos activou este domingo o dispositivo social para a Operación Paso do Estreito (OPE), que volve incluír os portos españois tras a súa exclusión durante os últimos dous anos debido á pandemia e a superada crise diplomática entre ambos os países.