Finalmente, non hai encontro con Mohammed VI. O rei marroquí está de viaxe, pero falou con Sánchez por teléfono: os dous coincidiron en que o encontro servirá para consolidar unha nova etapa nas súas relacións.
A última reunión de alto nivel entre España e Marrocos data de 2015. Nestes 8 anos, as relacións co país magrebí atravesaron unha das súas periódicas crises, sobre todo a raíz do ingreso en 2021 nun hospital español do líder da fronte Polisario, Brahim Ghali. O enfado marroquí polo trato a un dos seus peores inimigos desembocou nun desembarco masivo de inmigrantes na fronteira de Ceuta, a retirada da súa embaixadora e a dimisión da ministra española de Exteriores. Un ano durou a tensión diplomática ata que Pedro Sánchez anunciou o apoio español a un Sáhara autónomo dentro de Marrocos, un xiro histórico que Rabat celebraba. No seguinte asalto ao valado, 23 inmigrantes morreron pola brutal represión marroquí. A nova postura española sobre o Sáhara irritou a Unidas Podemos: ningún dos seus ministros participa no cumio deste xoves.