39
A solicitude forma parte da ‘excepción ibérica’ acordada en Bruxelas a semana pasada. A decisión foi confirmada por Teresa Ribeira, que asegurou que este límite sería temporal. Isto situaría o prezo da luz en pouco máis de 100 €/MWh. A ministra asegurou «Estar a traballar nun documento previo cun sistema de dobre casación. Unha primeira, para os países europeos, e outra, para o noso mercado, cun tope». Nesta liña, matizou que «aínda non fixemos máis que empezar o traballo coa Comisión», polo que pide «tranquilidade e paciencia». Así, a proposta conxunta entre España e Portugal sería fixar o seu máximo en 30 euros MWh.