España e Reino Unido reuniranse en xaneiro para negociar a saída de Xibraltar da UE

PIXABAY

  • Durante o 14 e o 15 de xaneiro debateranse cuestións como a cidadanía de Xibraltar ou o prezo do tabaco

O Brexit aproxímase e hai cuestións que resolver. Unha delas é Xibraltar, a colonia británica situada ao sur de España e cuxa saída da Unión Europea (UE) tamén será inminente.

Durante o 14 e o 15 de xaneiro, delegacións españolas e británicas reuniranse para marcar as súas posicións en temas tan delicados como a cidadanía dos miles de españois que viven no penedo, o problema da contaminación, e a cooperación policial e aduaneira en varias cuestións, en especial a do prezo do tabaco.

Segundo fontes consultadas polo portal Euronews, estes comités estarán en funcionamento durante todo o período de transición que dura ata o 31 de decembro do próximo ano. Nas reunións, que serán de carácter técnico, participarán funcionarios da Unión Europea, España, Reino Unido e Xibraltar.

Outra das cuestións para resolver é a de manter a fluidez do tránsito na Verja —28.500 persoas crúzana diariamente—. “A prioridade do Goberno de Xibraltar é que a nosa saída da UE non afecte negativamente á vida dos cidadáns que cruzan a fronteira nunha e outra dirección. Isto só pode lograrse con boa vontade de todas as partes. Traballando xuntos podemos asegurar a fluidez da fronteira para todas as partes interesadas”, sostén o ministro principal de Xibraltar, Fabian Picardo, nunha resposta remitida por escrito a Euronews.