España eliminará a mascarilla en interiores o 20 de abril

0 minutes read

A situación epidemiolóxica permitirá que o próximo 20 de abril poidamos deixar de usar mascarilla en espazos interiores. Só seguirá sendo obrigatoria no transporte público e nos lugares en que é preciso protexer persoas vulnerables: centros sociosanitarios e hospitais. Ademais, por unanimidade, o Consello Interterritorial de Saúde acordou que a máscara desapareza das aulas. O Goberno so regulamentará cando é obrigatorio usar a máscara. Serán os servizos de prevención de cada empresa os que decidan se é recomendable ou non mantela nos seus espazos de traballo.