España entra en recesión cunha caída do 18,5% do PIB

Estamos ante o peor trimestre económico da historia desde que hai rexistros. Os sectores más castigados foron a construción e os servizos e só a agricultura se librou da caída. As cifras aínda non se desglosaron por comunidades pero non se agardan grandes diferenzas. É a terceira recesion que sofre España no século XXI. Antes fora en 2009 e 2011. Pero a de agora chega con moita máis intensidade. Son as consecuencias do, necesario, confinamento e do estado de alarma que paralizou varios días a actividade por completo. As previsións din que tardaremos polo menos dous anos en recuperar os niveis anteriores a esta crise.