España enviará máis material militar a Ucraína

0 minutes read

Un avión A400 do Exército do Aire vai partir esta semana cun cargamento composto basicamente por lanzagranadas, metralletas e diversa munición. Ademais este martes sairá un voo que trasladará unha ambulancia blindada e 54 palés de medicamentos e material sanitario. Con estes dous, ascenderán a oito os voos realizados desde España con material para a resistencia ucraína. Suman un gasto de 48 millóns de euros, que se financia cun fondo da Unión Europea.