España está máis cerca de cobrar 885 M€ que reclamaba pola catástrofe do Prestige


A xustiza británica desestimou o recurso presentado pola aseguradora do petroleiro contra a sentenza do Tribunal Supremo, que a declaraba culpable dos danos provocados pola marea negra de hai case 19 anos. O maxistrado dictaminou que a compañía debera ter continuado a batalla legal nos tribunais españois, e lembra que non se presentou no xuízo celebrado na Coruña. A aseguradora, que podería recurrir, mantén varias frontes xudiciais abertas. Deste xeito, España gaña a primeira batalla en Londres para cobrar os 885 millóns de euros que reclamaba pola catástrofe do petroleiro grego que naufragou fronte ás costas galegas o 13 de novembro de 2002.