España conquista en China o seu segundo mundial de baloncesto

Como hai 13 anos, España é campioa do mundo. Se daquela fora no Xapón, agora tocou na China. E se daquela fora Grecia o que padecera un equipo español desatado, ahora foi a Arxentina a que se viu completamente superada. O partido dos de Scariolo foi impecable, cunha presentación que deixou as primeiras dúbidas nos arxentinos.

2-14 para comezar, case neutralizado nun dos escasísimos momentos de inspiración albiceleste. Un 10-0 deu paso á seguinte fuga española que xa non tivo contestación.

Funcionou todo. Primeiro, a defensa. Scola e Campazzo quedaron en só 3 canastras en 21 intentos. Oriola multiplicouse sobre Scola e o resto acompañouno.  Outro argumento foi o rebote. 27 contra 47. Na ofensiva, o balón case sempre buscou o lugar e o home axeitado. A actuación coral evidénciase noutro dato fiable, seis xogadores por riba dos 10 puntos; o que máis, Ricky Rubio con 20. 

E á marxe do colectivo, homenaxe para dous homes. Marc Gasol, de menos a moito no torneo. En tres meses campión da NBA e do mundo. Este xesto simbolizaba o seu enorme esforzo. E para Ricky Rubio, incontestable MVP do mundial. O rapaz que Aito fixera debutar con 15 anos realizou o seu mellor torneo coa selección. El foi o guía dun equipo ao que hai un mes moi poucos vían con opcións de ser campión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha