España estende o estado de alarma por 15 días máis

1 minutes read

Pedro Sánchez informou aos presidentes autonómicos que a corentena debe continuar. Só é cuestión de que o Goberno español pida a autorización ao Congreso dos deputados para que o país estenda o estado de alarma ata mediados de abril. O anuncio chega xusto despois das duras palabras do mandatario español augurando un panorama máis sombrío para os próximos días. «Lamentablemente os casos diagnosticados e falecidos van aumentar nos próximos días. Díxeno noutras comparecencias, estamos nun momento moi crítico e van chegar días moi duros», advertiu Sánchez este sábado. Segundo cifras oficiais, nas últimas 24 horas deste sábado morreron 394 persoas, un número inédito desde o inicio da crise no país.