España, favorecida polo novo método de repartición dos fondos de cohesión

Máis diñeiro para os países do sur e menos para os do leste. Unha fórmula que favorece a España de fronte á futura repartición dos fondos de cohesión. Segundo o novo método de cálculo presentado pola Comisión Europea, países como Hungría, a República Checa ou Polonia perderán financiamento. Mentres que outros como Italia, Grecia ou España, beneficiaranse.

O executivo comunitario nega que se trate dunha política de premios e castigos. “Botemos unha ollada a Italia ou a Grecia, onde hai rexións que deben facer fronte ás consecuencias da migración. Non podemos ignorar isto”, explicou Corina Cretu, comisaria europea de Política Rexional. “Atopamos un método para que a distribución dos fondos sexa equilibrada e xusta, e chegue alá onde máis se necesita”.

O novo sistema de repartición introduce criterios que favorecen aos países que reciben máis inmigrantes e que teñen que facer fronte a unha maior taxa de paro xuvenil.E iso inclúe aos países que máis sufriron coa crise financeira. Prexudica en cambio aos países do leste onde a economía creceu máis e onde as políticas de repartición de refuxiados foron rexeitadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha