27
Aterraron na base aérea de Torrexón de Ardoz os dous últimos avións de España procedentes de Cabul. En ambos os voos viaxaban os 81 españois que permanecían na capital afgá. Son militares, policías e persoal da Embaixada, así como o embaixador en funcións Gabriel Ferrán. Tamén estaban a bordo catro militares portugueses e 85 cidadáns afgáns.
Con estes voos, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, daba por concluída a operación de evacuación en Afganistán este venres. En nove días, entre o caos e o asedio dos talibáns, España logrou sacar do país a case 2.000 refuxiados afgáns, que foron chegando en sucesivos voos á devandita base aérea situada na Comunidad de Madrid.
