España fixa un tope ao prezo do gas destinado a produción eléctrica


Limitouno en 48 euros o megawatt hora durante doce meses. O mecanismo aprobado polo Goberno permitirá que a electricidade baixe un 40% no mercado almacenista. Roldará os 130 €/ MWh, fronte aos 210 €/ MWh que custou de media durante o primeiro trimestre do ano. A medida afectará inicialmente a preto do 37 % dos consumidores domésticos -os máis de 10 millóns do mercado regulado- e ao 37 % dos industriais. A ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, dixo que a medida beneficia a fogares e empresas que verán reducida a súa factura da luz desde o próximo recibo. O prezo do gas disparado nos últimos meses, e especialmente desde a guerra en Ucraína, é o principal culpable do elevado prezo da luz.