España gaña a Suíza nos penaltis e pasa a semifinais da Eurocopa


España xogará a súa quinta semifinal da Eurocopa contra Italia ao eliminar a Suíza nos penaltis. Tras a sufridísima vitoria contra Suíza, que a pesar da eliminación foi sen dúbida una das revelacións do torneo, os de Luís Enrique certificaron a súa clasificación para a última eliminatoria antes da gran final. Wembley, escenario das dúas semifinais e da gran final do campionato europeo, prevista para o vindeiro domingo 11 de xullo, xa espera á ‘Vermella’, que este venres xogou de branco.