42
O combinado español sorprendeu a Francia desde o inicio. O acerto no lanzamento de tres foi determinante nas sucesivas vantaxes, que foron medrando ata situarse por riba dos vinte puntos no segundo cuarto. A reacción dos franceses antes e depois do descanso, cun parcial de 2 a 20 que obrigaba a pedir un tempo morto a Scariolo con 49 a 46, abría un novo escenario na final. Pero á volta do tempo morto España volveu abrir unha fenda cun 9-0 que lle devolvía o favoritismo. No último cuarto, os españois aseguraron o triunfo que os mantén, malia á retirada da maioría dos membros da súa época dourada, no máis alto.