España na final da liga de Nacións tras vencer a Italia 1-2 en San Siro

1 minutes read

España métese na final da liga de Nacións tras vencer a Italia 1-2 en San Siro con dobrete de Ferrán Torres na primeira parte. Pese ao erro que favoreceu un tanto de Pellegrini no minuto 84, a Vermella impúxose en Milán asfixiando coa presión a unha Italia con dez xogadores tras a expulsión de Bonucci e acabando co refacho da campioa de Europa. A selección de Luís Enrique tómase así o desquite da Eurocopa, cando perdeu en semifinais contra a azzurra. 93 anos levaba San Siro sen ver unha derrota de Italia e 50 levaba España sen gañar en chan transalpino, nunca en partido oficial. Agora xogará o vindeiro domingo a final contra o gañador do Bélxica – Francia que se disputa este xoves en Turín. rompe o refacho de partidos sen perder a actual campioa de Europa e queda en 37.