España na final do Europeo de balonmán

España defenderá o seu dobre ouro continental na final do Europeo de balonmán 2022 tras eliminar a Dinamarca (29-25) nun fantástico partido no que brillaron Cañellas, Pérez de Vargas e, por encima de todos, un Aleix Gómez omnipresente en ataque e en defensa. Suecia será o rival na final, reeditando o partido polo ouro do Europeo 2018. Así, España certificou un impresionante triunfo que lle leva á final do domingo (18:00 h), na que xogará por conseguir a tripla coroa europea, un fito que só conseguiu Suecia ata o de agora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha