España, oitavo na clasificación de países con máis test de COVID-19 realizados segundo a OCDE

  • En España realizáronse 28,6 test por cada 1.000 habitantes segundo un informe da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) publicou un informe que sitúa a España no oitavo posto entre os países que máis test realizaron á poboación. O documento, que analiza o papel dos test PCR e os serolóxicos no control da pandemia, inclúe por primeira vez os datos de España.

En España realizáronse 28,6 test por cada 1.000 habitantes, tal e como recolle o informe. En total, as comunidades autónomas informaron ao Ministerio de Sanidade da realización de 1.345.560 probas, segundo os últimos datos do pasado 23 de abril.

Desde o inicio da epidemia, o Ministerio de Sanidade repartiu ás comunidades autónomas un total de 2.802.400 test de anticorpos. En total, adquiríronse 5 millóns de unidades, cuxa distribución se completará nos próximos días.

Información facilitada polas comunidades autónomas (ata o 23 de abril):

Tabla de test realizados en España por Comunidades Autónomas. Fonte: A Moncloa

Related posts

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Un accidente de autobús turistico na Gomera deixa 1 morto e 14 feridos

IU, Sumar e Podemos baixo as siglas ‘Por Andalucía’ nas próximas eleccións autonómicas