0
O Exército do Aire español únese as manobras da OTAN “Air Defender 2023”, que se desenvolverán no espazo aéreo xermano durante dez días e nas que participan 25 dos países membros, informan fontes do organismo. As manobras, lideradas por Alemaña, teñen carácter defensivo e pretenden demostrar a axilidade e a rapidez coa que a forza aliada pode responder nesta materia. Serán os maiores exercicios deste tipo na historia da OTAN e unha mostra da “unidade e da forza” da organización, segundo dixo nunha rolda de prensa, en Berlín, a embaixadora dos EUA nese país, Amy Gutmann.