España pecha o seu espazo aéreo aos avións implicados na guerra de Irán

1 minutes read

Segundo confirmaron este luns fontes do Executivo, con esta restrición España non só prohibe o uso das bases militases de Rota e Morón, senón tamén que avións vinculados á ofensiva contra Irán poidan voar polo espazo aéreo español. Esta prohibición afectaría non só as engalaxes desde solo nacional, senón tamén o sobrevoo de aeronaves militares procedentes de bases no Reino Unido ou Francia.

«Poderiamos utilizar as súas bases se quixésemos. Podemos voar ata alí e utilizalas. Ninguén nos vai a dicir que non as utilicemos. Non temos por que facelo. Pero mostráronse hostís, así que lles dixen que non queriamos facelo», así se pronunciou o presidente norteamericano, Donald Trump, tras coñecer a decisión española. Ademais aproveitou para advertir o Executivo de Pedro Sánchez de que ía cortar » todo o comercio con España» lembrando tamén que o noso país negouse a aumentar o gasto en defensa ata o 5 por cento do produto interior bruto (PIB). Un asunto polo que xa reprendeu publicamente o Goberno de Pedro Sánchez en numerosas ocasións.