36
España dá un paso máis na desescalada das restricións para conter a pandemia. Tal e como anunciou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, a caída continuada no número de contaxios permite soñar con volver á normalidade nos estadios deportivos: «Acordamos que para a fin de semana do 4 de marzo os eventos deportivos, tanto en exteriores como en interiores, pasen ao cento por cento dos aforos dada a boa evolución de todos os indicadores epidemiolóxicos», afirmou nunha rolda de prensa. Dentro dos estadios seguirá sendo obrigatorio o uso de máscara e seguirá vixente a prohibición de fumar, beber ou comer.