España pide explicacións a EE.UU. pola espionaxe a través de dous membros do CNI 

Cedida.

A ministra de Defensa, Margarita Robles, confirmou este xoves que España trasladou «no seu momento» aos Estados Unidos as queixas pola filtración de información reservada a ese país por parte de dous axentes do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), aínda que asegurou que esto «en ningún caso» afectou ás relacións bilaterais entre os dous países.

Robles confirmou a información adiantada este xoves por ‘El País’ respecto a que os Ministerios de Defensa e de Exteriores protestaron tras descubrir que dous axentes do servizo secreto español foron subornados para facilitar información clasificada aos Estados Unidos. Ademais, a raíz do incidente, dous diplomáticos estadounidenses foron expulsados do noso país.  

Segundo púidose saber, un axente do CNI foi captado por espías estadounidenses destinados en España. O trato era dar información reservada a cambio de diñeiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha