O Goberno español impón restricións de entrada no país e unha corentena de 14 días a todo o que cruce a fronteira desde o estranxeiro. «Restablécense temporalmente controis nas fronteiras interiores aéreas e marítimas, en concreto, restrínxese a partir do día 15 de maio ata o día 24 de maio a entrada en terrirorio nacional. Só poderán entrar por fronteira aérea ou marítima cidadáns españois, residentes en España que deberán acreditar a súa residencia habitual, traballadores transfronteirizos, profesionais sanitarios ou de coidado de maiores que se dirixan a exercer a súa actividade ou persoas que acrediten unha causa de forza maior ou que veñan aquí por razóns exclusivamente laborais. esta orde complétase con outra orde do Ministerio de Sanidade que impón unha corentena de 14 días a aquelas persoas que entren no noso país», declarou en rolda de prensa Salvador Illa, Ministro de Sanidade de España.
España poñerá en corentena a quen chegue do estranxeiro
O ministro de Sanidade, Salvador Illa_AX.