España propoñerá a Bruxelas a reforma do mercado eléctrico

O goberno español fará unha dobre proposta de reforma do mercado eléctrico en Bruxelas este outono. O presidente, Pedro Sánchez, asegurou ademais no peche do curso político que a loita contra a inflación é a prioridade do seu goberno. Unha inflación que volveu subir en xullo ata o 10,8 % en taxa anual, pola alza de prezos de alimentación, electricidade, vestido e calzado. O nivel máis alto desde setembro de 1984. Sánchez confirmou que cando no outono a Comisión Europea propoña a reforma do mercado eléctrico, presentará a súa propia proposta. España propón na UE desacoplar o prezo do gas do prezo almacenista, e o establecemento dun tope máximo ao prezo das emisións de CO2.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha