España reabre as súas fronteiras a 12 países de fóra da UE

Terminal dun aeroporto_PIXABAY
  • No caso de Marrocos, Alxeria e A China, a reapertura está supeditada a que estes países reabran as súas fronteiras aos residentes en España

O Goberno decidiu levantar, de maneira progresiva, as restricións de acceso de viaxeiros a través das fronteiras exteriores de España aos residentes dos quince países extracomunitarios recomendados polo Consello da Unión Europea (UE) o pasado 30 de xuño. No caso da China, Marrocos e Alxeria, a reapertura de fronteiras queda supeditada a que estes países actúen de maneira recíproca e reabran á súa vez as súas fronteiras aos residentes en España.

Así o recolle a orde asinada polo ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, publicada este venres no Boletín Oficial do Estado e que entrará en vigor ás 00:00 horas deste sábado 4 de xullo (medianoite entre hoxe venres e mañá sábado). A partir dese momento, a reapertura das fronteiras exteriores será efectiva para os residentes de Australia, O Canadá, Xeorxia, O Xapón, Montenegro, Nova Zelandia, Ruanda, Serbia, Corea do Sur, Tailandia, Tunisia e O Uruguai.