España recibe 6.000 millóns da UE para o emprego


A Comisión Europea desembolsou este martes o primeiro tramo do préstamo a España para financiar o gasto público en Erte e axudas por cesamento de actividade de autónomos que ascende a 6.000 millóns de euros, segundo informou a institución nun comunicado. A Comisión xa había comunicado hai uns días que os pagos se ían a facer inmediatamente.

Trátase dun dos primeiros desembolsos de Bruxelas con cargo ao fondo europeo de 100.000 millóns de euros co que a UE quere apoiar as políticas que busquen soster o emprego durante a pandemia, bautizado como SURE. Bruxelas destacou que estes préstamos axudarán aos países europeos a facer fronte a aumentos «repentinos» do gasto público como consecuencia das medidas adoptadas para evitar despedimentos masivos.

As condicións destes créditos, incluído o interese dos préstamos, están contemplados nos contratos asinados entre cada Estado e a Comisión Europea, que por agora non transcenderon.